Actividades deportivas fluviais

Este martes día 22 de agosto haberá actividades deportivas fluviais no Paseo do Malecón do Concello de Monforte de Lemos ,entre as 16:00 ás 19:00 h.
As actividades, organizadas pola Deputación de Lugo , inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares.
Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir diversión e seguridade. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.
Todas as actividades son gratuítas.

Deja un comentario