TablodeLemos

BIOMASA EN TU CASA

Monforte acolle dende hoxe e ata o domingo, 11 de setembro, a exposición BIOMASA EN TU CASA, organizada pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa.

A mostra servirá para afondar nas vantaxas do uso da biomasa como fonte de enerxía. Tamén se amosarán os últimos modelos de estufas, chimeneas, caldeiras e sistemas de calefacción. Para coñecer máis detalles, ¡¡achégate ata a explanada que está diante das Casitas!!