Campionato gallego alevín e provincial benxamin voleibol

O pavillón municipal da Pinguela acollerá este sábado o Campionato galego Alevín e o Campionato provincial Benxamín de Voleibol
O Campionato foi presentado hoxe polo alcalde da cidade, José Tomé Roca, quen estivo acompañado polo Director Deportivo da Federación Galega de Voleibol, Juan Carlos Suárez, a Presidenta do C.V. Ribeira Sacra, Yolanda Maciñeiras, así como o director deportivo e diversos adestradores do clube monfortino. Prevese para este sábado 16 a presencia na cidade de 296 xogadores, 56 adestradores, 18 clubes e calcúlase unha afluencia de entre 1.200 e 1.500 persoas. Monforte convertirase así na capital galega do voleibol base esta fin de semana.

Deja un comentario