TablodeLemos

Escola Municipal de Música e Danza

Xa está aberto o prazo para realizar a inscripción na Escola Municipal de Música e Danza do Concello de Monforte.

As persoas interesadas deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10 e as 13 horas, ou ben en horario de tarde, de 17 a 19 horas.

A oferta formativa inclúe un amplo abano de posibilidades:

  • Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión (bateria, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado
  • Acordeón
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica
  • Gaita,Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

 

E no apartado de danza:

  • Danza tradicional galega (a partir de 3 anos, formaranse grupos por niveis)
  • Danza moderna (a partir de 9 anos, formarase un grupo)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos, formaranse dous grupos por nivel, nivel 1 e 2)
  • Baile de Salón (adultos, formaranse dous grupos)