TablodeLemos

Escolas Deportivas Municipais

Xa está aberto o prazo de inscricións nas Escolas Deportivas Municipais que o Concello de Monforte organiza durante o curso 2016 – 2017.

A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):

  • Actividades para nenos e nenas:
    • Patinaxe
    • Golf
    • Pádel
    • Kung Fu
    • Xadrez
    • Zumba Infantil
    • Porteiros de Fútbol
  • Actividades para adultos/as:
    • Ximnasia de mantemento
    • Tai Chi
    • Ioga
    • Zumba
    • Xadrez

As actividade de cada unha das modalidades deportivas comezará en outubro e prolongarase ata finais do mes de maio de 2017.

Todos/as os/as interesados/as en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas poderán facelo a través das Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude, ubicadas nas Casiñas da Compañía seguindo as instruccións que se poden consultar no seguinte enlace:

http://www.monfortedelemos.es/contenidos.asp?sec=9&id=369