TablodeLemos

Festa da Empanada e da Larpeira

Festa da Empanada e da Larpeira

Domingo 25 de Agosto de 2019

 Hoxe celébrase en Monforte, a festa da Empanada e a Larpeira, prevista para o pasado domingo 18 de agosto, que foi suspendida polo accidente de trafico no que morreron 2 monfortinos o venres 16. Na área recreativa da Barxa, e organizada pola Asociación de veciños de Ribasaltas teremos música, comida e festa ao longo de toda a xornada.