TablodeLemos

Festival Atlántica

O Festival Atlántica celebrará o venres 22 diversas actividades en Monforte, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro: A primeira delas terá lugar ás 17:30 h. e está dirixida a un público familiar e infantil. Contará con 2 actuacións: a do poeta e contacontos galego Celso F. Sanmartín, co espectáculo “Contar” e a da artista uruguaia Soledad Felloza con “De Tin Marín”. Os mesmos artistas serán protagonistas da segunda das actuacións, esta vez a partires das 20:00 h. e dirixidas a un público adulto. Celso F. Sanmartín manterá o nome do seu espectáculo (“Contar”, esta vez para adultos) e Soledad Felloza amosará ao público “O comezo do mundo”.