TablodeLemos

Festival de Nadal do Conservatorio Municipal de Monforte

Venres día 20 de decembro ás 20:00 horas. Á memoria de Luis Pérez Nieves

Neste festival, ademais das distintas actuacións colectivas de conxunto instrumental, participarán os coros de música e movemento,  alumnos e alumnas de preconservatorio, grao elemental e profesional, así como a orquestra do Conservatorio, integrada por seccións de Corda, Vento e Percusión.

No Festival de Nadal interpretaranse obras de autores clásicos coma Haendel, Grieg, Strauss…, e modernos como John Williams ou M. Jackson. Non faltarán, como é costume, as pezas tradicionais de Nadal.

Este ano o festival estará adicado extraordinariamente á memoria de Luis Pérez Nieves, ex-alumno de percusión, que se iniciou e cursou o grao elemental neste centro e que e que nunca esqueceremos.

O acto rematará, como xa é tradición, coa interpretación da tradicional “Marcha Radetzky” de J.Strauss.