TablodeLemos

Festival do Castro 2015

A partir das 13.00 horas inaugúrase a festa no Castro co vermú gaiteiro. Unha actividade que celebraremos por segundo ano xa que foi a novidade da pasada edición. Antes do xantar e para abrir boca haberá, baixo a carpa, unha foliada aberta para que calquera persoa armada cunha gaita ou calquera instrumento e moitas ganas de gozar poderá participar e será  recompensada cunha vaso de vermú. E o vermú ademais de ser gaiteiro será galego porque músicos e festeiros saborearán o líquido feito en Chantada, para os oriúndos o corazón da Galiza. Esta actividade aberta esta concibida cun obxectivo ben claro: facer fame para unha hora máis tarde poder co rico xantar que se serve no festival do Castro. Aviso a gaiteiras e pandereteiros, o vermú gaiteiro e galego do Festival do Castro traerá sorpresas. Non o perdan porque se sorprenderán. Programa de Eventos