TablodeLemos

Festival do Castro 2016

Programación:

11h00 Mostra de Artesanía

11h30 Obradoiro de Briquedos Sonoros

13h00 Vermú Gaiteiro

14h00 Xantar Popular:

E que sería do Festival do Castro sen un xantar cos mellores produtos da Ribeira Sacra?

Pois aínda non o imos saber, así que como marca a tradición no Castro haberá xantar de festa: empanada da zona (tamén para menus vexetarianos) , pementos de Herbón, carne ao caldeiro con cachelos e algunha que outra lambonada, ademais dos esenciais viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, a partir das 14.00 horas.

E para resistir a xornada festivaleira que queda por diante haberá café con gotas coa fin de que a dixestión comece a traballan antes do café concerto.

O prezo do xantar será de 15 euros (10 euros para os cativos ata os 12 anos).

O aforo é limitado e deben reservar o xantar ata o xoves día 20 (incluído) no teléfono 636 537 474,  no correo xantarfestivaldocastro@gmail.com ou mercar a entrada nos seguintes establecementos:

PANTÓN: Bar Carabelos

MONFORTE: O Anchoas

15h30 Café Concerto : Orquestra Pantasma.

17h30 Animación Infantil

18h00 Teatro e Circo

21h00 Anoitecer no Castro

23h00 Concerto: Bloquinho de Xermolos, o folc de Coanhadera, os uruguaios Once Tiros, os imprescindíbeis Nao e Skandalo GZ para rematar  Soundkilla coas mellores misturas até o amencer!