TablodeLemos

Festival Náufragos Do Paradiso

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA A IV EDICIÓN DO FESTIVAL DO PARADISO – A IV Edición do Festival do Paradiso dará comezo ás 20h cunha panceta popular amenizada por unha foliada a cargo do grupo A Cadela Asasina e todos/as aqueles/as músicos que traian o seu instrumento e queiran participar. – Tanto a entrada coma a acampada serán gratuitas. – Contaremos con servizo de bar, bocatería e distinto merchandising, tanto da Asociación coma do Festival do Paradiso. – Durante o Festival, as persoas que o desexen, poderan aboar a cota de socio/a de 2015. Tamén, aquelas persoas que o desexen poderanse facer socias da Asociación, cubrindo a folla de inscripción e aboando a correspondente cota. – Coma nas anteriores edicións, os socios e as socias da Asociación terán diversos descontos no merchandising así coma unha consumicion gratis (auga, refresco, caña ou calimocho). Para disfrutar destas vantaxes, será preciso ter aboada a cota de socio/a deste ano. Aquelas persoas que se fagan socias ou renoven a cota durante o transcurso do festival, tamén disfrutarán destas vantaxes. – Para consumir no bar, será preciso cambiar moeda por tickets do festival. Somos coñecedores de que esta situación pode ser un pouco incómoda mais a nós facilitanos moito o traballo.