TablodeLemos

Matrícula do Conservatorio Municipal 2019-2020

Cartel_Conservatorio_Matricula_2019_20

A partir do día 10 de xuño e ata o día 25 de xuño

O Conservatorio de Música Municipal “Mestre Ibáñez” informa de que a partir deste luns día 10 e ata o martes 25 de xuño permanecerá aberto o prazo de matrícula para alumnos e alumnas de nova inscrición.

As especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2019/20 son as seguintes:

  • Piano
  • Guitarra
  • Trompa
  • Violín
  • Clarinete
  • Trompeta
  • Saxofón
  • Percusión
  • Tuba
  • Trombón

 

A materia de Preconservatorio vai dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio.

Para os nenos e nenas de entre 4 e 5 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, está aberta a inscrición en Música e movemento, materia englobada na oferta da Escola de Música.

 

Para consultar calquera información e matrícula é necesario dirixirse á Secretaría do Conservatorio, situada no Edificio Multiusos de Monforte (Ronda de Mª Emilia Casas Baamonde) en horario de 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 horas. E tamén no teléfono 982 403 893 ou no correo conservatorio@concellodemonforte.com