TablodeLemos

Mercados das flores e plantas

Praza de Abastos de Monforte

A Praza de Abastos de Monforte acollerá un mercado de Plantas e Flores durante a fin de semana do 19 e 20 de maio.

O horario será de 10 a 14 horas e de 17 a 20:30 na xornada do sábado; mentres que o domingo abrirá só pola mañá, neste caso, de 11 a 14 horas.

O Alcalde, José Tomé, explica que “aproveitando que este mes de maio coincide coa época de maior exaltación da natureza, e coa celebración do Día Mundial da Reciclaxe e do Día Mundial de Fascinación polas Plantas, queremos concienciar da importancia que teñen as plantas para o noso planeta. Por iso, dende o Concello queremos convidar a todo o mundo a participar nestas xornadas nas que o público poderá achegarse a todo tipo de productos relacionados coa xardinería e coa horticultura”.

Os visitantes atoparán plantas ornamentais e de horta, ferramentas de xardinaría, decoración de interior e exterior, testos para plantas…

Obradoiros para nenos e adultos

Durante a fin de semana vanse impartir dous obradoiros de decoracións de testos para plantas.

O do sábado será de 18 a 20 horas, e irá dirixido ós máis pequenos da casa.

Mentres, na xornada do domingo o obradoiro comezará ás 12 horas e terá unha maior complexidade, por ese motivo, está pensado para nenos e adultos.

A idea é a de empregar todos aqueles materiais en deshuso dos fogares e que poden servir como soporte para plantas e para os xardíns.

A celebración deste mercado forma parte da campaña Quere o teu mercado, promovida pola Dirección Xeral de Comercio da Xunta nas prazas de abastos galegas, e onde o Concello participará un ano máis con esta actividade, tamén haberá diferentes agasallos aos clientes do mercado como xa fixemos nos dous últimos anos: mandís, bolsas de tea, globos, lapis e caramelos, entre outros.

[zombify_post]