TablodeLemos

Paseos en barca polo río Cabe

Os paseos en barca polo río Cabe terán un novo horario a partir do vindeiro xoves, 1 de setembro e ata o próximo día 15. En concreto, as viaxes van poder realizarse de luns a venres en horario de tarde, de 17 a 21 horas. Mentres tanto, durante as fins de semana e os días festivos haberá a posibilidade de facer os percorridos non só pola tarde, senón tamén en horario de mañá, de 11 a 14 horas.

As seis  embarcacións estarán a disposición dos veciños e dos visitantes, coas que se poderá percorrer o río en viaxes de media hora de duración. O punto de inicio dos percorridos é o embarcadoiro do Parque dos Condes e cada paseo custará 3,25 euros como en anos anteriores. Por razóns de seguridade, só se permiten seis persoas como máximo en cada barca.

O monfortino Club de Piragüismo Quixós é o encargado da xestión desta actividade, tanto do mantemento e condución das barcas como dos cobros e da atención ós pasaxeiros.