TablodeLemos

Premio Planeta 2016

A obra gañadora do Premio Planeta 2016, TODO ISTO CHE DAREI, ambientada na Ribeira Sacra, vaise presentar mañá, 27 de decembro, no Centro do Viño.

A súa autora, Dolores Redondo, estará acompañada do director de Xerais, Manuel Bragado, do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e do Alcalde de Monforte, José Tomé. O acto está aberto a todo o público.