TablodeLemos

Rede Galega de Teatros

9 de xaneiro de 2019. O teatro volve ser protagonista da actividade cultural deseñada pola concellería de Cultura de Monforte ó longo do 2019.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a seis representacións de compañías profesionais, dúas delas para os máis pequenos da casa e outras catro para o público adulto.

As obras infantís poranse en escena nos meses de febreiro e marzo, mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.

A participación do Concello na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios permitirá que se acheguen a Monforte as seguintes compañías e obras:

Programación Adultos:

-OS FILLOS DO SOL da compañía Contraproducións – xoves, 24 de xaneiro

-CELEBRACIÓN, de Sarabela Teatro – xoves, 14 de febreiro

-30 E TANTOS ÓSOS de Aporía Escénica -xoves, 14 de marzo

-O CASO É TER SAÚDE da compañía Malasombra – xoves, 11 de abril

Programación infantil:

-PATAPATÚM da compañía Elefante Elegante – domingo, 24 de febreiro

-A GALIÑA AZUL da compañía Tanxarina – domingo, 10 de marzo

Todas as representacións terán como escenario o Edificio Multiusos, as infantís comezarán ás 18 horas, o resto serán ás 20:15 horas.

O prezo da entrada xeral é de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.