TablodeLemos

Ribeira Sacra Jazz Orquestra

Este xoves día 3 de xaneiro actúa en Monforte a Ribeira Sacra Jazz Orquestra. Unha formación que puxo en marcha en 2011 o monfortino Miguel Angel Rodríguez González “queremos demostrar que a música é tamén un vehículo perfecto para potenciar a marca #RibeiraSacra e convido aos veciñ@s a que acudan ao concerto”, asegura en Onda Cero Monforte de Lemos. Podes escoitar de novo esta entrevista picando nesta ligazón: https://www.ondacero.es/emisoras/galicia/monforte-lemos/ O concerto forma parte das actividades de Nadal organizadas pola área de cultura do Concello de Monforte de Lemos que prepara tamén a Cabalgata de Reis. Falamos coa concelleira de cultura Marina Doutón.