TablodeLemos

Un retrato do monfortino Manuel Antero Yáñez Rivadeneira formará parte dunha exposición en Madrid

Unha parte da riqueza das obras de arte que conserva Monforte vaise expoñer en Madrid. En concreto, trátase dun retrato do monfortino Manuel Antero Yáñez  Rivadeneira, un personaxe histórico da nosa cidade e que foi fundador do pazo Molinos de Antero. O seu cadro formará parte dunha exposición que se poderá visitar na Real Casa da Moeda e Timbre, en Madrid, a partir do vindeiro 20 de setembro e ata o 13 de novembro.

A mostra, que se organizou para conmemorar o tricentenario do nacemento de Carlos III, fará un percorrido polos retratos de varios reis e cabaleiros que recibiron a distinción da Orde de Carlos III. No  cadro, Manuel Antero Yáñez Rivadeneira loce un manto desta orde, e é un dos poucos que se conservan en toda España. A pintura, de autor descoñecido, forma parte da decoración do salón princpal do Pazo.

Manuel Antero Yáñez Rivadeneira ocupou un papel moi destacado no sur lucense entre os séculos XVIII e XIX. O Fidalgo deixou un amplo legado, principalmente arquivístico. Foi distinguido por Fernando VIII en recoñecemento polos seus servizos á Coroa. A cruz que simboliza a Orde de Carlos III, co lema latino Virtute el Merito, fomou parte dende entón do escudo de armas da súa familia e aparece nas pinturas muráis que decoran o interior do pazo Molinos de Antero.

O fundador do Pazo destacou tamén polo seu papel na Guerra da Independencia ó apoiar ó Marqués de la Romana. En varias ocasións tivo que fuxir das tropas de Napoleón.

Concello de Monforte