TablodeLemos

VII Obradoiro de verán de música e baile

VII Obradoiro de verán de música e baile do Concello de Monforte

O obradoiro constará de 3 partes diferenciadas:

Música

Estará dirixida a todas as idades e contará con obradoiros de práctica instrumental de especialidades como, guitarra, violín, piano, saxofón, clarinete, frauta, trompa, trompeta, trombón, gaita, percusión moderna (batería) e percusión tradicional galega (pandeireta, pandeiro,..). O nivel será de iniciación, medio ou avanzado.

Música e Baile

Dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 9 anos. Constará dun obradoiro específico e combinado de música e movemento, no que os alumnos e as alumnas iniciaranse na educación rítmica e auditiva, na práctica instrumental e na danza moderna.

Danza

A parte adicada á danza, estará dirixida a nenos e nenas e xóvenes en xeral nas súas distintas modalidades. Formaranse distintos talleres por  idades:

  • Danza tradicional galega, a partir de 6 anos
  • Danza Moderna, a partir de 10 anos
  • Ballet Clásico, a partir de 6 anos

Para impartir os diferentes cursos e obradoiros, contarase con profesores especializados nas distintas materias e especialidades.

INFORMACIÓN:

INSCRICIÓN:

  • Do 10 de xuño ao 5 de xullo na Secretaría do Conservatorio Municipal “Mestre Ibáñez” (Edificio Multiusos)
  • Do 1 ao 17 de agosto no edificio do concello – Rendas

PREZO ÚNICO: 25 €. Que inclúe poder elixir ata tres obradoiros máximo.