TablodeLemos

X Carreira Popular Monforte de Lemos

El evento consta de seis carreras, cinco de las cuales son de categorías más pequeñas de 80, 700, 1.300 y 2.000 metros, mientras que la carrera absoluta es de 7.000 metros.

El inicio de las pruebas de menores será a las 11 de la mañana y la carrera absoluta tomará la salida una hora más tarde, a las 12 horas. Todas las carreras tienen una ruta totalmente urbana y muy atractiva, ya que salen de la Explanada de la Compañía y recorren varias calles del casco histórico de la ciudad.

Entre las pruebas de menores y la prueba absoluta, se establecen un total de 14 categorías, un hecho que resultó en un elenco importante de premios, ya que los primeros tres clasificados en cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo del evento. La única categoría en la que no habrá clasificación es en el mini, en el que los participantes llevarán una medalla y una bolsa de dulces, como regalo para terminar la carrera.

Además, habrá premios especiales para los mejores atletas locales y para los ganadores absolutos y absolutos y ganadores de la prueba. Como novedad, esta edición se clasificará por equipos, que todas las personas interesadas pueden realizar a través de la plataforma de registro.

Estos equipos estarán compuestos por un mínimo de 4 y un máximo de 6 componentes, obligatoria deberá ser mixta, es decir, la mitad del equipo deberá ser masculino y la otra mitad femenina. El centro educativo con el mayor número de atletas registrados que cruzan la línea de llegada el día de la prueba también recibirá un regalo.

Todas las personas participantes que terminen cada una de las carreras en las que participan recibirán una camiseta conmemorativa del evento, así como un suministro sólido y líquido.

 

Este domingo, 29 de abril, Monforte acolle a edición máis numerosa da Carreira Popular. Un total de 1.291 atletas participaran nalgunha das carreiras que forman parte do evento, o que garante un gran ambiente atlético no Concello de Monforte durante a mañá do domingo.

 

O número de inscritos para cada unha das carreiras é:

 

•   Categoría mini: 108

•   Categorías A: 234

•   Categoría B: 120

•   Categoría C: 95

•   Categoría D – E: 102

•   Categoría absoluta: 632

 

O evento conta con seis carreiras, con distancias de 80, 700, 1.300 e 2.000 metros para as categorías menores, e de 7.000 metros para a absoluta.

 

O inicio das probas de menores terá lugar ás 11 da mañá, e a carreira absoluta tomará a saída ás 12 horas. Todas as carreiras presentan un percorrido totalmente urbano e moi atractivo, xa que parten da Explanada da Compañía e discorren por varias rúas do casco histórico da cidade.

 

Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías, o que da lugar a un reparto importante de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento.

 

A única categoría na que non haberá clasificación é na MINI, onde todos os participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.

 

Ademais dos premios por categorías, haberá tamén premios especiais para os mellores atletas locais e para os gañadores e gañadoras absolutos e absolutas da proba.

 

Como novidade, este ano tamén se establece unha clasificación por equipos e un recoñecemento para o centro educativo con maior número de participantes.

 

Todos os participantes que rematen cada unha das carreiras recibirán un agasallo conmemorativo do evento, así como avituallamento sólido e líquido.

 

Entre os atletas inscritos, figuran dous primeiros clasificados homes da edición anterior, Nuno Costa e Nicolás Arrojo; así como as tres primeiras clasificadas mulleres: Paula Mayobre, Clarisse Pinho e Luisa González, o que garante un gran espectáculo na cabeza de carreira.

 

Restricións no tráfico

 

A organización deste evento implica a alteración do tráfico nalgunha das rúas polas que circula a carreira, feito polo que o Concello de Monforte pide a colaboración de tódolos veciños.

 

O tráfico verase afectado do seguinte xeito:

 

Entre as 10:15 e as 13:30 horas estarán cortadas ó tráfico as seguintes rúas:

 

  • Compañía, dende a glorieta de Ponte Fontecha, permitindo unicamente o acceso de vehículos ó estacionamento do Parque dos Condes.
  • Dalmiro de la Válgoma
  • Escultor Francisco Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro

 

Entre as 11:45 e as 13:30 horas estarán cortadas as seguintes rúas:

 

  • Compañía
  • Aparcamento do Parque dos Condes
  • Paseo de Lugo
  • San Lázaro
  • Reboredo
  • Dalmiro de la Válgoma
  • Escultor Francisco Moure ata o cruce con Celso Emilio Ferreiro
  • Cardenal Rodrigo de Castro
  • Avenida de Galicia dende cruce con  Cardenal ata cruce coa rúa Ourense
  • Hortas
  • Ponte Vella
  • Antonio Méndez Casal