TablodeLemos

XIX mostra de artesanía Artelemos 2017

A XIX mostra de artesanía Artelemos 2017 vaise celebrar en Monforte do 4 ó 8 de agosto na rúa Cardenal, o evento servirá de antesala ás Festas Patronais.

Desta volta haberá un total de 23 casetas; unha delas estará adicada á celebración de obradoiros e os outros 22 postos restantes serán para a exposición e a venda de produtos artesanais.

Os postos abrirán de 11 a 14 horas e tamén en quenda de tarde, de 18 a 23 horas.