TablodeLemos

XVII Festival de Habaneras

A Praza de España acolle este sábado, 3 de setembro, unha nova edición do Festival de Habaneras, un evento que organiza cada ano o Concello de Monforte. Esta cita musical comezará ás 20 horas.

A primeira actuación prevista é a da Coral Polifónica de Arbo, unha formación creada en 1996 e composta por 35 voces mixtas.

En segundo lugar actuará Aires de Candás. O seu repertorio consta de polifonía clásica, relixiosa e profana dos séculos XIV ó XX, así como tamén de habaneras e temas populares de Asturias e outras rexións.

A última actuación do Festival estará a cargo da Coral Polifónica do Concello de Monforte. Esta formación componse de 45 voces mixtas. O seu repertorio inclúe música sacra, popular galega e habaneras, entre outras.